Patxi Altuna
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1927 Azpeitia, España |
Morte | 20 de xaneiro de 2006 (78 anos) Santuario de Loiola, España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Innsbruck |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, filólogo, lingüista, sacerdote católico, escritor |
Empregador | Universidade de Deusto Universidade Pontificia de Salamanca |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Elixabete Perez Gaztelu (en) |
Patxi Altuna Bengoechea [ou Bengoetxea], nado en Azpeitia o 8 de setembro de 1927, e finado no Santuario de Loiola o 20 de xaneiro de 2006, foi un sacerdote xesuíta vasco, filólogo, lingüista e académico, experto na metodoloxía de ensino do éuscaro.[1][2][3]
Biografía
[editar | editar a fonte]Formado nos xesuítas de Loiola, ingresou na compañía en 1945 e foi investido en 1962. Estudou Teoloxía e Filosofía en Burgos. Licenciado en Filosofía e Letras (Estudos Clásicos) pola Universidade de Salamanca (1957), en Teoloxía en Innsbruck e doutoramento en Lingüística en Salamanca (1978). Foi profesor de lingüística na Universidade Pontificia de Salamanca e durante algún tempo, mentres estivo en Gandia, profesor de diversos centros privados relixiosos da provincia de Valencia. Despois foi profesor da Universidade de Deusto, axudante primeiro de Koldo Mitxelena, e titular despois, de latín clásico e común, iniciou o ensino da lingua éuscara ó crearse na sede de Donostia da Universidade de Deusto, os Estudos Universitarios e Técnicos de Guipúscoa (EUTG), así como de historia da lingua éuscara e de textos éuscaros.
Considerado un pioneiro no ensino do éuscaro, foi académico correspondente da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) (1965) e de número (1981). Participou na asemblea da Academia que tivo lugar en 1968 e onde defendeu a tese da unificación do éuscaro. Foi responsable da Comisión de Gramática da Academia e, xunto a outros, elaborou a moderna gramática vasca.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Mendibururen idazlan argitaragabeak
- Linguae vasconum primitiae
- Versificación de Dechepare: métrica y pronunciación (tese doutoral)
- Onsa hilceco bidia-ren
- Olerkiak
- José María Estefanía Zabala, S.I. (1889-1942): maestro de vascos
- Haizeak ez eramango!
- Euscal errijetaco olgueeta, ta dantzeen neurrizco gatz-ozpinduba, 1816
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juan Antonio Hernández (22 de xaneiro de 2006). "Patxi Altuna, miembro de la Academia de la Lengua Vasca". El País. Consultado o 3 de setembro de 2013.
- ↑ Partido Nacionalista Vasco, ed. (20 de xaneiro de 2006). "Fallece el miembro de Euskaltzaindia Patxi Altuna". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2013.
- ↑ "Muere a los 78 años el jesuita Patxi Altuna, académico de Euskaltzaindia y profesor". Diario Vasco. 21 de xaneiro de 2006. Consultado o 3 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patxi Altuna |